Estamos na unha iniciativa comunitaria pola que se intenta promover un transporte (de personas) máis sostible e saudable para todos baseándose no transporte público a bicicleta e o coche de San Fernando. Non tiña pensado adicarlle nin unha palabra ó asunto pero como o cinismo me provoca irritacións severas voulles explicar por qué o considero unha patraña alomenos nesta esquina do mundo na que eu resido. (Perdoen si resulta tosco pero teño algo de presa porque teño que ir lavar unha pipa e o lagar para a vendima).1º O primeiro paso para reducir os problemas de tráfico nas cidades é reducir a necesidade de desplazarse das personas. Parece obvio pero o deseño das cidades areas metropolitanas ou como se lles chame está feito como si ir de un lado para outro non costase nada. Poño dous exemplos: Un na Coruña que ten o seu “crecimento” caracterizado polo desplazamento da poboación a urbanizacións como A Zapateira. Os Regos. A Barcala. Mesoiro… Que carecen prácticamente de servicios como centros de saúde garderÃas ou escolas e quedan afastadas dos centros de traballo facendo necesarios os desplazamentos dos residentes. O outro vai ser o novo Hospital de Vigo. Esta cidade ten xa dous hospitais o Xeral e o Meixoeiro que se reparten a poboación da cidade e os concellos da zona. Agora van facer un terceiro tamén en Vigo e pregunto eu ¿Por qué non o fan por exemplo no Morrazo? A xente de Cangas e Moaña ten que desplazarse a Vigo para cuestións hospitalarias ¿por qué non aforrar eses desplazamentos con un hospital que recolla a xente de eses concellos. Bueu. Vilaboa e Marin? Seguro que se reducÃa a ocupación dos hospitais de Vigo e Pontevedra e a da ponte de Rande que é o que nos ocupa hoxe. Reducir a distancia entre personas e necesidades é a principal maneira de facilitar a movildade.2º Cada vez máis a bicicleta faise o icono social da movilidade. É curioso porque o meu avó tiña unha na que Ãa traballar e facer as súas cousas igual que moita xente da súa xeración. Esas bicicletas desaparaceron cando o SEAT 600 truxo a modernidade e agora dámonos o gusto de parecer revolucionarios facendo algo que facÃan os avós (). Máis que de bicicleta eu fun de “a pe” toda a vida tanto para desplazamentos curtos como para moverme dentro das cidades pero este ano redescubrÃn esa maquiniña de dúas rodas. A cousa empezou como exercicio complementario ó
(detesto esa palabra) pero pouco a pouco funlle collendo gusto e agora tamén a uso como medio de locomoción práctico. Igual que o meu avó. Cando un monta na bicicleta o primeiro que ten que superar é a dor do cú que pasa nun par de dias. Despois ven aprender a manexar correctamente as marchas e os freos que é cousa de un par de semanas e finalmente pasado mes e medio as pernas collen a dinámica e calquera é capaz de desplazarse en bicicleta sin grandes fatigas maniotas nin suores (outra cousa é facer deporte). Queda sin ban algo ó que ninguén se acostumbra nunca: a posibilidade de que un coche moto ou camión te tire. A miña impresión dende a bici é que os conductores son en xeral bastante respetuosos pero o dia que un o faga mal… AÃnda non me movin por cidade pero sà en vilas como Redondela. Arcade ou Porriño onde o tráfico non resulta perigoso sempre que te manteñas no casco urbano. En estrada é outro cantar. Hai sitios nos que os arcens non existen ou están ocupados por aceras pensadas para os peóns que obrigan ó ciclista a circular polo carril e outras particularidades que dende o coche pasan desapercibidas. Estamos no de sempre falta deseño e faltan proxectos. Faltan espacios nas estradas para os que non vamos a máis de cincuenta sexamos peóns ciclistas ou tractoristas (que envexa me dan eses carrÃs auxiliares en Ordes ou Vilalba. ós dous lados da estrada). Faltan sitios onde canda-la bicicleta sin molestar. Falta sobre todo que a sociedade e os polÃticos teñan imaxinación suficiente para ver a bicicleta como algo máis que un medio de paseo ou como un tanto de modernidade para celebrar unha semana ó ano. A pesares de todo non podo evitar recomendarlles que dean un paso adiante. Parecerei sacado de un anuncio de
. Agarden a que pase esta semana para non darlles a razón ós polÃticos e intenten moverse un pouco menos co coche porque no outono fai menos calor e o exercicio resulta máis cómodo. Verán que gusto o aire respirar aire non climatizado e move-las pernas… contareilles un segredo que poucos sabemos: as suspensións dos coches deséñanse para que as oscilacións teñan unha frecuencia entre 1Hz e 2Hz (1Hz é un ciclo por segundo) está estudiado que esa é a máis confortable para o ser humano. ¿saben por qué? porque coincide coa frecuencia do paso cando camiñamos ¿A que nunca o notaran?
pois diso se trata precisamente. Outro dia contareilles un microproxecto personal relacionado coa movilidade sostible a reciclaxe a economÃa e unha migalla de sentimentalismo.
Pois debe ser que gosto de levar a contraria sempre que xusto escollin esta semana para volver a colle-lo coche. E gosto de andar a pé e na bici pero a adrenalina que soltei hoxe adiantando camións pola autoestrada co coche da autoescola eso non ten prezo!!Oiches neno haberá que quedar algún dÃa non?
Moita razón tes… coa bici o mundo vese doutra maneira: moito máis humana… pero o respeto dos ciclistas é algo aÃnda moi lonxe de ser unha realidade lamentablemente!
No Concello de Vigo que tanto falaron dos carrÃs bici e da mobilidade sustentable e todas esas historias na campaña electoral: AGORA NIN SE LEMBRAN DELAS…!
Para que non o esquezan hai convocada unha MANIFESTACIÓN AUTORIZADA (asà polo menos teremos escolta policial e non teremos que poñer nós os seguros de responsabilidade civil…)
Forex Groups - Tips on Trading
Related article:
http://apunta.blogsome.com/2007/09/20/semana-europea-da-movilidade/
comments | Add comment | Report as Spam
|